quarta-feira, 9 de julho de 2008


Plataforma do KKE para as eleccións europeas de 2009.
(Translation by PCPE): CP of Greece, The KKE platform for the Euro elections 2009



A. Papariga presentou en rolda de prensa a plataforma do KKE para as próximas eleccións europeas de 2009. Entre outras cousas subliñou que a Nova Democracia e o PASOK deben sufrir fortes golpes, e condenou a dobre identidade de SYRIZA e a demagoxia de LAOS. A declaración di: "As eleccións europeas poden e deben condenar a nivel nacional as políticas e os sectores antipopulares, o governo de ND e os partidos da vía única do euro e a UE, ¡todo á vez!" e vaticina: "a confrontación nas eleccións europeas é unha batalla que terá seguramente un forte impacto nos asuntos domésticos e no tocante a Europa"



Ao sinalar que "o KKE é o único partido grego cunha clara posición contra a UE", a declaración continúa: "ND sufrirá un forte golpe, posto que o povo grego coñeceu qué son as "reformas" - fortemente anunciadas na súa campaña pre-electoral - e porque revelou a súa política antipopular, como expresión dos intereses do grande capital".



En referencia ao PASOK, a plataforma recalca: "nin quere nin pode ofrecer unha solución alternativa real porque ten a mesma estratexia que o partido ND e a mesma política na UE e nos asuntos domésticos. Ambos os dous partidos serven á clase dominante e aos monopolios.



Ao criticar a SYRIZA, a declaración chama aos traballadores a non confiar neles sinalando: "SYN-SYRIZA non é unha opción para o voto popular, senón ao contrario, é un apoio indirecto á UE antipopular, ao ocultar sistematicamente ao verdade e promover ilusións sobre o carácter da UE".



Sobre LAOS a declaración di: "a maioría das veces LAOS lanza demagoxias contra a UE para dar cobertura ao seu nacionalismo e o seu apoio ao grande capital. Están tratando de ocultar as súas desfasadas posicións de racismo, nacionalismo e a política de apoio importante ao sistema".



Para rematar, o KKE pide o voto do povo grego porque "cun KKE forte, a batalla das eleccións europeas pode ser o principio dun movemento popular fortemente unido, unha grande coalición de traballadores, campesiños e traballadores autónomos e o inicio da esperanzadora vía de ruptura e cambio total para servir aos intereses do povo".








---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
Dáche: 08-jul-2008 15:07
Subject: CP of Greece, The KKE platform for the Euro elections 2009
To: info@solidnet.org

http://www.solidnet.org

News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.

Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .



CP of Greece, The KKE platform for the Euroelections 2009

-------------------------------------------------

From: Communist Party of Greece, Tuesday, July 08, 2008

http://inter.kke.gr , mailto:cpg@int.kke.gr