COMUNICADO PCPE OVIEDO BRUTALIDADE POLICIAL CONTRA INMIGRANTES
RESPOSTA DA NOSA ORGANIZACIÓN EN OVIEDO Á AGRESIÓN CONTRA TRABALLADORES POR PARTE DA POLICIA DO PSOE
O COMITÉ COMARCAL DE OVIEDO DO PCPE DENUNCIA BRUTALIDADE POLICIAL NO TRATO A Inmigrantes.
O Comité Comarcal de Oviedo do PCPE coñeceu que, no día de onte -8 de xullo-, unha dotación da Policía Nacional golpeou brutalmente e detivo a varios inmigrantes africanos na rúa Doutor Casal sobre as 20 horas.
Os feitos sucederon, tal e como algúns cidadáns presentes trasladaron ao PCPE, do seguinte xeito: cidadáns inmigrantes estaban vendendo diferentes produtos na rúa Doutor Casal, cando varios axentes de paisano se abalanzáron violentamente sobre deles. Ao mesmo tempo, acudíron no lugar dúas dotacións policiais que pecharon a rúa e procederon a golpear nos traballadores inmigrantes e a detelos introducíndoos violentamente nas furgonetas, chegando a ferir a algúns dos detidos sen que en ningún momento estes presentasen resistencia algunha, diante da estupefacción dos cidadáns presentes que amosaron a súa indignación diante da violencia policial e chegaron a apupar aos axentes recriminándolles a súa actitude.
Mentres as multinacionais españolas saquean o continente africano e manteñen á poboación en condicións de extrema pobreza e mentres o Estado Español trafica con armas que son empregadas contra a poboación civil deses países, a Unión Europea pecha as súas fronteiras e limita escandalosamente os dereitos dos cidadáns inmigrantes, co apoio do PP e o PSOE, que defenderon e apoiaron o endurecemento da fascista DIRECTIVA DE RETORNO que permite encarcerar a inmigrantes durante 18 meses en Campos de Internamento sen dereito algún.
Os traballadores inmigrantes, obrigados polo imperialismo a abandonar os seus países en busca dunha vida digna, son sometidos a unha continua presión e violencia policial, cando non a todo tipo de agresións e atentados a mans de grupos fascistas tolerados polo goberno.
O PCPE, ante a gravidade dos feitos sucedidos no día de onte, que veñen repetíndose na nosa cidade, chama á poboación:
- A loitar contra a fascista DIRECTIVA DE RETORNO da UE.
- A esixir a posta en liberdade dos detidos.
- A non tolerar ningún tipo de violencia policial, facendo sentir a presión popular a quen empregue a violencia.
- A esixir a depuración de responsabilidades e a sanción aos axentes que empreguen a violencia.
- A pedir a dimisión do Delegado do Goberno, Antonio Trevín, pola constante represión que exerce contra ao movemento obreiro, antifascista, veciñal asturianos e contra a indefensa poboación inmigrante.
A solidariedade e a mobilización popular son o camiño a seguir para conquistar a democracia e frear o retroceso de dereitos e liberdades que o capitalismo en crise pretende impornos.
¡ABAIXO A DIRECTIVA DA VERGOÑA!
¡NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!
¡SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN INMIGRANTE!
Oviedo, a 9 de xullo de 2.008.
Comité Comarcal de Oviedo do PCPE.
www.pcpe.es