domingo, 6 de julho de 2008

TURQUÍA O pobo vencerá ao AKP



1 de xullo de 2008.



Un golpe de estado policial está tendo lugar en Turquía. Ás ordes do AKP, as forzas policiais detiveron a moita xente, entre eles soldados retirados, xornalistas, políticos e académicos. O número de persoas detidas aumenta constantemente mentres son asaltadas oficinas de xornais, de asociacións e casas particulares.



As declaracións que aseguran que esta operación está dirixida a protexer a democracia e a eliminar a ameaza de golpe militar son simples mentiras. Ao estender rumores de golpe militar, o AKP está dando o seu propio golpe.



Os golpes militares son unha realidade en Turquía. Apoiados polos EEUU, sempre se foron contra o pobo traballador, a xente de esquerdas e os patriotas. Hoxe o AKP é o centro das hostilidades contra os traballadores, a xente de esquerdas e os patriotas. Non hai dúbida de que o AKP é apoiado polos EEUU e os imperialistas europeos.



Para o noso país e a nosa xente non hai maior perigo que podería socavar o proxecto procapitalista e reaccionario. Igual que no golpe do 12 de setembro de 1980, o AKP é unha ameaza concreta e real. O noso pobo debe organizarse contra esta ameaza e alzar barricadas contra os ataques reaccionarios e prol-americanos.



Mañá é de xullo, aniversario da masacre cometida polos antecesores do AKP en 1993 en Sivas. Por toda Turquía haberá manifestacións e reunións, onde participarán todos os progresistas, revolucionarios e xente de esquerdas.



O 6 de xullo, domingo, haberá unha marcha "contra o AKP" en Beyoglu. Todos os que reivindican o seu país deberían acudir.



¡chegou o momento de dar o alto ao AKP, marioneta dos EEUU e herdeiro do 12 de setembro!



Nin bandas, nin un golpe militar poderían deter ao AKP. O futuro do noso país depende da mobilización do noso pobo.



Partido Comunista de Turquía

Comisión Política






---------- Forwarded message ----------
From: SolidNet
DATe: 03-jul-2008 15:14
Subject: CP of Turkey, People shall overcome AKP
To: info@solidnet.org

http://www.solidnet.org

News, documents and calls for action from communist and workers' parties. The items are the responsibility of the authors.

Join the mailing list: info/subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org .