quarta-feira, 9 de julho de 2008




Solidariedade coas FARC
partido comunista brasileiro


(Nota política do PCB)



En toda a súa historia, as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia ? Exército do Pobo (FARC-EP) nunca necesitaron tanto da solidariedade dos internacionalistas do mundo enteiro.



A ofensiva midiática e ideolóxica do imperialismo esta fornecendo efecto.



A esquerda reformista busca diferenciarse cada vez máis da organización insurxente colombiana, para non perder votos nin campo nos media nin no aparello institucional.



Por outra banda, razóns de Estado levaron a importantes liderados revolucionarios de Latinoamérica a concesións que contribúen para illar ás FARC, axudando obxectivamente a unha campaña de satanización movida sen piedade polo imperio. Practican unha diplomacia de curto prazo, coa ilusión de que o fin da guerrilla diminúa a insaciable agresividade do imperio, que lles cobrará sempre máis e máis concesións.



Algúns chegan ao momento de non criticar o terrorismo de Estado, que deu causa e supervivencia ao movemento guerrilleiro de Colombia. Non axudan a desmentir os estigmas, mesmo sabendo perfectamente que as FARC son unha organización política revolucionaria, non narcotraficante nin terrorista. Outros fan teorías sobre formas e métodos de loita, deshumanizando ás FARC, ao comparar procesos revolucionarios diferenciados. Non lles ocorre, no seu discurso humanitario de vía única, preocuparse co inevitable asasinato en masa de milleiros de combatentes revolucionarios, baixo ordenes dos verdadeiros terroristas Bush e Uribe, no caso da desmilitarización unilateral da guerrilla, como xa ocorreu a pouco. ¡Esquécense ata de reivindicar negociacións de paz!



Pero, o máis triste é que nin sequera se acorden de cobrar a necesaria contrapartida ás verdadeiras accións humanitarias que as FARC veñen practicando:



¡ Liberdade para todos os arrestados políticos colombianos !



PCB (Partido Comunista Brasileiro)

Xullo 2008





*End*



subscribe/unsubscribe mailto:info@solidnet.org,

http://www.solidnet.org