REPRESIÓN
A Audiencia condena a unha multa de 2.700 a dous mozos que queimaron unha
foto dos reis
O primeiro xuízo, anulado por vulnerar o dereito de defensa ao non
haber un intérprete de catalán
MADRID
A Audiencia Nacional condenou aos mozos Jaume Roura e Enric Stern
ao pago dunha multa de 2.700 euros por queimar unha foto dos reis en Xirona
no 2007, a mesma pena que se lles impuxo no primeiro xuízo
contra eles e que foi anulado ao non haber un intérprete de catalán.
De acordo coa sentenza do xulgado central do Penal da Audiencia
Nacional, Roura e Stern foron condenados a 15 meses de prisión
sustituibles por unha multa de 30 meses cunha cota diarias de tres euros
por un delito de inxurias contra a Coroa "co agravante de disfrace", xa que
ían co rostro cuberto cando queimaron a foto dos monarcas en Xirona
o pasado 13 de setembro.
A Audiencia Nacional repetiu a semana pasada o xuízo a Roura e Stern
porque o maxistrado que xulgou os feitos o 20 de novembro denegou a
presenza dun tradutor catalán, e a sala do penal ordenou anulalo e
repetir a vista ao concluír que isto lles produciu unha "vulneración" das
garantías do dereito de defensa.
Rexeitamento á monarquía
O maxistrado José Luís de Castro que xulgou por segunda vez a quéima desta
foto, recoñecida polos acusados, considera no seu fallo que para manifestar
o rexeitamento á monarquía "non é necesario menosprezar e vilipendiar" aos
reis, queimando a súa fotografía tras tela colocado "deliberadamente" boca abaixo..
Tras sinalar que con este proceder abusaron do seu dereito á liberdade
de expresión, argumenta que non se pode pretender que o sistema
constitucional ampare feitos que constitúen, non só un manifesto abuso
do exercicio do dereito, senón tamén un auténtico acto ilícito"
tipificado penalmente.
Acto premeditado
En resposta á defensa de Roura e Stern, que que exerceu Benet Salellas e
que mantivo que non podía falarse dun delito de inxurias cando os Reis
non declararon sentirse ofendidos, o maxistrado subliña que isto é
"irrelevante" porque o delito de inxurias non require que a persoa
agraviada "senta como tal".
Para chegar a esta resolución, o xuíz tamén tivo en conta que os
dous acusados se cubrísen o rostro para queimar a foto, o que "exclúe
toda espontaneidade ao acto e evidencia a plena consciencia" destes "da
ilicitude do feito que realizan".
Recorrer o fallo
No xuízo, o fiscal substituíu a súa petición dun ano e tres meses de prisión
por unha multa de 5.400 euros para cada un, quen admitiron que
a súa intención era protestar pola visita do monarca para inaugurar o
Parque Científico e Tecnolóxico de Xirona, unha acción que cometeron no
marco de toda unha "campaña" de protestas "políticas" organizada pola
esquerda independentista.
Logo de coñecer a sentenza, Salellas anunciou que "previsiblemente"
recorrerá o fallo, ata ante instancias europeas, xa que opina que esta é
"calcada" á resolución de Honrubia.