o tixolo provoca a maior suspensión de pagos española
A promotora Martinsa Fadesa protagonizará a maior suspensión de pagos do negocio inmobiliario e tamén a maior da historia empresarial española.
ampliar
O presidente e principal accionista da compañía (co 60%), Fernando Martín, expuxo onte as "graves dificultades de tesourería" ao Consello de Administración nunha reunión maratoniana na que se decidiu, por unanimidade, acudir voluntariamente ao concurso de acredores, a antiga suspensión de pagos.
A petición da terceira inmobiliaria española ante o xulgado podería materializarse hoxe, segundo un portavoz da empresa. Colonial, de maior tamaño que Martinsa Fadesa e que tamén cotiza, foi salvada polos bancos. Pero as 45 entidades financeiras ás que Martinsa Fadesa debe 4.000 millóns, decidiron non mover un dedo máis.
A empresa explicou onte á Comisión Nacional do Mercado de Valores que durante oito meses fixo "innumerables esforzos" para que o Instituto de Crédito Oficial (ICO) lle dese un crédito de 150 millóns, condición para que a banca mantivese o préstamo de 4.000 millóns. Ao final, tamén llo pediu a esas 45 entidades acredoras sen éxito. E ficou sen liquidez.
A débeda total ascende a 5.201 millóns, ao peche de marzo. Pero a empresa do ex presidente do Real Madrid defende que os seus activos inmobiliarios valen 10.804 millóns (6.625 millóns en chan).
A compañía xustificou que a suspensión de pagos busca "garantir a continuidade" do grupo. Venderá chan e edificios e porase baixo a supervisión dun administrador concursal mais, ao facelo voluntariamente, Fernando Martín non perderá a xestión.
Recorte de persoal
A decisión afectará de cheo ao expediente de regulación de emprego (ERE) que Martinsa Fadesa tiña que concretar hoxe. O recorte pode estar por volta dos 275 postos de traballo, un terzo dos 829 empregos, aínda que fontes próximas á empresa rebaixaron ese cálculo.
A inmobiliaria foi suspendida en bolsa pola mañá cando caía un 24,7%, que se suma ao trompazo de case un 34% do venres, o que deixa á compañía cun valor de 680 millóns. Outra preocupación para Fernando Martín.
Antes de coñecer a noticia, o comisario europeo de Economía e Finanzas, Joaquín Almunia, dixo confiar en que a situación da empresa non cre unha reacción en cadea.
As cifras crave
Dos 5.200 millóns que debe en total Martinsa-Fadesa, logrou en maio que 45 bancos e caixas refinanciaran 4.000 millóns pola compra de Fadesa a Manuel Jove.
Martinsa non puido lograr un crédito por 150 millóns, unha condición da banca para manter un acordo moi vantaxoso: non tiña que pagar a débeda ata 2011, só intereses desde decembro próximo. E iso foi a faísca que acendeu a polvoreira.
Público (Kaos. Analisis) (15.07.2008)