> tOMADO DE Coordinación popular colombiana (CPCP) en >
París
Ingrid Betancourt é libre. A Coordinación popular colombiana (CPCP) en >
París conténtase por ela, pola súa familia, os seus amigos, e todos os comites
> que a apoiaron. É un epílogo feliz logo de seis anos de espera.
>
> O pobo colombiano segue sendo refén.
>
> O « triunfo » dos militares e do goberno de Uribe non é unha boa
> noticia para nós : É unha legitimación da lóxica guerreira e de >
prácticas totalitarias. Outra burbulla mediática que permite ocultar a
> paramilitarización do réxime, a violación cotiá dos Dereitos do
> Home, os asasinatos sistemáticos de opositores políticos, sindicalistas,
> xornalistas, defensores dos Dereitos do Home.
>
> Non podemos esquecer que en Colombia, case catro millóns de persoas foron desprazadas ao interior do país pola forza, na súa maioría polos
> grupos paramilitares. Estes grupos, que actúan sos ou con membros do
> Exército, desapareceron polo menos 15.000 persoas ; enterráronas
> en máis de 3.000 fosas comúns ou lanzaron os seus cadáveres nos ríos. asasinaron máis de 1.700 indíxenas, 2.550 sindicalistas e máis de 5.000
> membros da Unión Patriótica. Regularmente torturan as súas vítimas antes de >
asasinalas.
>
> Entre 1982 e 2005, os paramilitares perpetraron máis de 3.500 masacres e
> roubaron máis de seis millóns de hectáreas de terras. Despois do 2002 e
> a súa suposta "desmovilización", asasinaron 600 persoas cada ano. conseguiron controlar un 35% do Parlamento. Desde 2002 ata hoxe, os
> soldados do Exército regular cometeron máis de 950 execucións, a
> maioría das veces disfrazando aos campesiños de guerrilleiros.
> Recentemente, en xaneiro do 2008, os paramilitares cometeron 2 masacres, 9
> desaparicións provocadas, 8 homicidios mentres que o Exército cometeu 16
> execucións extralegales. Desde o inicio deste ano foron asasinados 28
> sindicalistas.
>
> En Colombia, os axentes do Estado e os paramilitares violan os Dereitos
> do Home e o dereito humanitario. Son numerosos os grupos de >
paramilitares que non están desmovilizados. Agora fanse chamar as
> "Aguilas Negras". Moitos parapolíticos teñen responsabilidades públicas ou
> diplomáticas. En setembro do 2007 había 39 casos de parapolíticos. Hoxe,
> en xullo de 2008, hai máis de 60 parlamentarios e de altos funcionarios
> acusados (entre eles un bo número está no cárcere). O mesmo presidente
> Alvaro Uribe e os seus achegados están acusados. A elección do 2006 podería ser
> anulada por unha sentenza da Corte suprema de xustiza despois que esta >
mesma corte procesou e condenou a unha parlamentaria por sobornación (...)
>
> Coordination Populaire Colombienne à Paris
> FRANCE