sexta-feira, 18 de julho de 2008

15 condenas e 30 absolucións polas torturas durante o G8 de Genova en 2001.

Logo de 7 anos coñecemos a sentenza sobre as torturas durante o G8 de Genova:
un total de 24 anos de prisión, pero ninguén irá ao cárcere, grazas
ao indulto.

Carlo Guiliani, mozo activista antiglobalización asasinado pola policia
italiana, carabinieri

Logo de 7 anos puidemos escoitar as sentenzas sobre as torturas
durante o G8 de Genova: no cuartel de Bolzaneto e na escola Diaz,
houbo ameazas de violación, malleiras, piercings arrincados, dedos partidos,
detencións sen ningunha motivación... pois iso, houbo tortura.
Había 45 imputados entre policías e médicos do cuartel e, ao longo destes
7 anos, algún deles ha ata conseguido un ascenso no
traballo, quizais un premio pola súa contundente actuación durante aqueles inesquecibles
días de xullo de 2001.
A acusación pedía un total de 76 anos de cárcere, pero unha cousa é o que
pides, e outra o que consegues: así que foron condenadas 15 persoas e
foron absoltas 30, cun total de 24 anos de condena. Podería escribir
os nomes de cada condenado e a duración da pena de cada un, pero
creo que non fai falta, posto que, grazas ao indulto, ninguén irá ao
cárcere.
A sentenza establece ademais, que os Ministerios de Xustiza e do
Interior deberán indemnizar a numerosas partes civís.
A acusación valorará se recorrer ou non; de momento, a pesar de todo, alégrase de que no xuízo quede claro que "sucedeu algo grave en Bolzaneto"
e que o tribunal "recoñeza que o que afirman as
vítimas é verdade".
Así que hai que conformarse co significado abstracto deste xuízo, e
iso non é suficiente.