terça-feira, 8 de julho de 2008


VENEZUELAPCV adhire a Actos de repudio pola presenza de Uribe Vélez en Venezuela
Escrito por Tribuna Popular
07.07.2008
Buró Político do Comté Central do Partido Comunista de Venezuela

EN SOLIDARIEDADE CO POBO COLOMBIANO

PCV adhire a Actos de repudio pola presenza de Uribe Vélez en Venezuela

O PCV expresou a súa solidariedade coa mobilización indíxena do Departamento de Cauca, quen denunciaron o asasinato de varios integrantes dos Cabildos por parte do goberno colombiano.

Caracas, 07 jul. Tribuna Popular TP.- O Partido Comunista de Venezuela adheriu hoxe ás mobilizacións que amplas organizacións sociais e políticas preparan en repudio á presenza de Uribe Vélez en Caracas, visita que está preparada polo executivo nacional para o próximo 11 de xullo.

Así o manifestou, Oscar Figuera, Secretario Xeral do PCV na Rolda de prensa dos días luns realizada na Sede da tolda "Galo Vermello" en Cantaclaro.

O PCV ratificou a solidariedade coa loita do pobo colombiano e o recoñecemento a todas as formas de loitas que tiveron que asumir, produto da acción terrorista e narcoparamilitar do goberno de Uribe Vélez, "En tal sentido o Comité Central aprobou facerse parte da iniciativa popular, para o día venres 11 de xullo con motivo da presenza en Venezuela do representante da oligarquía colombiana e o imperialismo norteamericano, de Uribe Vélez", expresou Figuera.

O deputado comunista agregou "Mobilizarémonos, para dicirlle a Álvaro Uribe que o pobo venezolano non comparte a súa política guerrerista, terrorista, narcoparamilitar e proimperialista do goberno narcoparamilitar colombiano".

O PCV marcando a súa autonomía e independencia como organización política, entende que a políticas do Estado Venezolano deben ser, a nivel internacional, de boas relacións con todos os gobernos "Ese é o papel do Estado, pero o Partido Comunista como organización revolucionaria, quere expresar a súa solidariedade coas loitas do pobo colombiano e de rexeitamento ás políticas guerrerista do Goberno".

Nese marco, o PCV expresou a súa solidariedade coa mobilización indíxena do Departamento de Cauca, quen denunciaron o asasinato de varios integrantes dos Cabildos por parte do goberno colombiano.

Así mesmo, os comunistas expresaron a súa solidariedade co movemento sindical colombiano, que sufriron, no que leva do ano 2008, o asasinato de 28 dirixentes sindicais. En especial pronunciáronse por atopar vivo ao dirixente sindical, militante comunista, Guillermo Rivera, desaparecido o pasado 22 de abril.

"Iso é parte do porque o Partido Comunista únese ás mobilizacións de repudios á presenza de Álvaro Uribe en Venezuela, o próximo 11 de Xullo", sinalou finalmente o dirixente.