domingo, 13 de julho de 2008

Comezan as mobilizacións ante a crise económica
O Sindicato Andaluz de Traballadores -que inclúe ao SOC- inicia unha campaña
de mobilizacións ante a crise económica que pide o aumento do SMI a 1000
euros e a conxelación das hipotecas.

Sindicato Andaluz de Traballadores (Para Kaos na Rede) [11.07.2008 20:14] -


SOBEN As HIPOTECAS, SOBE A GASOLINA, SOBEN Os ALIMENTOS, AUMENTA O
PARO...
Ante a crise, MOBILÍZATE

Esiximos ao Goberno un plan extraordinario de investimentos públicos para dar
traballo aos parados.
As hipotecas non paran de subir, do mesmo xeito que a luz, o gas e os alimentos
básicos. Ao mesmo tempo o desemprego aumenta coa caída da
construción ata o punto que o presidente dos empresarios españois
anunciou que se chegará a catro millóns de parados nun ano. Mentres
o Goberno do PSOE nega que haxa crise e Botín -do Banco de Santander-
anuncia uns beneficios de 10.500 millóns de euros.

Non hai crise para os banqueiros que se están forrando co aumento das
hipotecas, pero as familias obreiras e as pequenas empresas non poden máis.
A cesta da compra está polas nubes: o pan sobe entre un 6 e 10% cada
ano, o leite subiu máis dun 30% nos últimos doce meses, e non
falemos da froitas e verduras que están a prezos prohibitivos para
moitas familias. Desde a entrada do euro, os prezos dos alimentos subiron máis do 80%, tres veces máis que os salarios.
porriba o euribor chegou ao 5% e iso significa pagar máis do 50% do
que pagabas pola hipoteca fai tres anos
. Aínda se mantén o decretazo
no medio rural e moitos xornaleiros que se foron traballar á obra na
costa, agora non poden volver ao desemprego agrario.
E que fai o Goberno de Zapatero para paliar a crise? Está pensando en algo
para aliviar o sufrimento das familias que non chegamos a fin
de mes? Nada diso. Zapatero sóbenos as tarifas eléctricas un 11,3% en xullo
e anuncia outra subida para decembro.

Isto non o podemos consentir. Para iso imos iniciar unha campaña de mobilizacións
que van consistir en:

1) peches en organismos oficiais o luns 14 de xullo;

2) concentración en Madrid o 17 de xullo apoiando a Diego Cañamero,
portavoz nacional do SAT, que ten outro xuízo por defender aos
traballadores e enfrontarse á Duquesa de Alba e

3) toma de terras o 31 de xullo.
Que pedimos?

  1. Un plan especial para afrontar a crise que dea traballo aos
    parados;

  2. 2) Conxelación das hipotecas e prezos dos alimentos
    básicos ao nivel de decembro do ano pasado;

  3. 3) Aumento do salario mínimo
    e as pensións mínimas a 1000 euros.

    Se non hai resposta por parte do Goberno convocaremos accións máis
    contundentes.