terça-feira, 29 de julho de 2008

Conferencia director da FAO na Habana


Jacques Diouf

O desenvolvemento da agricultura resulta vital para encarar a crise
alimentaria mundial, que en 2007 sumou a outros 50 millóns de famentos,
concluíu este luns o director xeral da Organización das Nacións
Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), Jacques Diouf, nunha
conferencia maxistral impartida no Aula Magna da Universidade da
Habana.
A cifra puidera incrementarse en 2008, pois moitos dos países máis
afectados, tras varios meses de crises, apelaron ás súas reservas
orzamentarias e os fogares aos seus aforros. A crise determinou
tamén a explosión de protestas e disturbios en moitas destas nacións.
O directivo da FAO sostivo que a gravidade da situación actual
tamén obedece ao descoido que sufriu a agricultura nos países en desenvolvemento
por parte das institucións financeiras internacionais e
rexionais. O monto de investimento destinado á agricultura, por concepto
de axuda oficial ao desenvolvemento diminuíu dun 17 por cento en 1980 a tan
só un tres por cento en 2006.
Por outra banda, Diouf sinalou que o alza dos prezos do petróleo,
asociado á política de concesión de incentivos do Primeiro Mundo, contribuíu a que gran parte das materias primas que se empregan para a
produción de alimentos se destínen agora á produción de enerxía. Como
resultado diso, cen millóns de toneladas de cereais subtraéronse
do mercado alimentario para convertelos en recursos enerxéticos.
O mercado enerxético puido modificar os sistemas agrícolas
tradicionais e introducir «un paradigma completamente novo na
agricultura mundial», sostivo o directivo senegalés.
En tanto, os elevados prezos dos insumos agrícolas tamén contribuíron a afogar ao sector agropecuario. Os custos dalgúns
fertilizante triplicáronse no que vai de ano, indicou Diouf.
Se non se adoptan medidas, os efectos serán máis dramáticos dentro de 50
anos, comentou Diouf, ao asegurar que a poboación mundial, de 6 500 millóns
de persoas, aumentará a 8 300 millóns para o 2030, e a máis de 9 000
millóns para o 2050, e que esta explosión demográfica concentrarase nos
países en desenvolvemento.
Igualmente alertou que aumentará a poboación urbana e reducirase a rural,
polo que un menor número de agricultores terá que producir dúas veces o
que estiveron producindo ata hoxe.
Ao referirse aos efectos do cambio climático na crise alimentaria
mundial, o directivo da FAO sinalou que este é un dobre desafío para a
agricultura. Se a temperatura sobe máis de tres graos centígrados, a
produción de alimentos tan esenciais como o millo, podería diminuír entre
un 20 e un 40 por cento en zonas como África, Asia e América Latina.
Ademais, intensificaranse as secas e as inundacións, fenómenos que
causarán unha maior perda das colleitas e o gando.
O titular da FAO avogou tamén por un desenvolvemento da agricultura sobre
bases sustentables e de respecto aos recursos naturais que se esgotan, como
a auga. Neste sentido recalcou que máis de 1 200 millóns de persoas viven
en concas fluviais cunha grave carencia de auga e a tendencia cara a unha
maior escaseza é preocupante.
Ante esta situación, sinalou a imperiosa necesidade de aumentar os recursos
financeiros destinados a un maior aproveitamento das terras
cultivables, a construción de estradas, instalacións de almacenamento,
á investigación científica orientada a mellorar a calidade dos
produtos, e garantir o acceso aos alimentos.

Tras o seu discurso, Diouf encomiou o proxecto cubano sobre a alimentación, " a
necesidade de pór máis investimento, de cultivar máis terras, estes problemas
naturalmente son prioridades, e vimos que o goberno (cubano) está a
tomar accións neste ámbito».