quarta-feira, 2 de julho de 2008

Posición común de partidos comunistas e outras forzas de esquerda e progresistas de Europa sobre o Non irlandés ao Tratado de Lisboa

A vitoria do NON en Irlanda pon fin ao Tratado de Lisboa.

Este resultado é de gran importancia e de alto significado político - tendo en conta que se obtivo no contexto de grandes presións dos principais líderes da Unión Europea - e constitúe unha importante derrota do proxecto de intensificar o neoliberalismo e o militarismo en Europa e da concepción, perseguida polos gobernos e grandes grupos económicos e financeiros, dunha Unión Europea que sexa un directorio das grandes potencias.

Os partidos comunistas e outras forzas de esquerda e progresistas da UE felicitan á clase obreira e a todo o povo irlandés pola súa valiosa contribución a deter o curso seguido por este Tratado e alégranse do resultado, que esixe a inmediata suspensión dos procesos de ratificación. Así mesmo, avisan de que non caben manobras de atraso que pretendan ignorar o rexeitamento ao Tratado, igual que en 2005 tras a vitoria do NON en Francia e Países Baixos, e denuncian a natureza antidemocrática de todo este proceso.

Expresan a súa determinación a continuar a loita por unha Europa comprometida coa xustiza social, coa solidariedade e a cooperación entre os povos e países, unha Europa de paz entre estados soberanos, iguais en dereitos.

Reafirman o seu compromiso co desenvolvemento e apoio ás importantes loitas que están tendo lugar en varios países europeos en defensa dos dereitos sociais e laborais e o seu compromiso con levantar unha poderosa barreira contra a ofensiva capitalista neoliberal plasmada no recentemente derrotado Tratado.

Os Partidos



Partido Comunista dos Povos de España

Partido da Esquerda de Suecia

Partido Comunista de Luxemburgo

Partido Comunista de Irlanda

Partido dos Traballadores de Irlanda

Partido Comunista Alemán

Partido do Traballo de Bélxica

Partido Comunista Británico

Partido Comunista en Dinamarca

Partido Comunista de España

Partido Comunista de Finlandia

Partido Comunista Francés

Partido Comunista de Grecia

Novo Partido Comunista dos Países Baixos

Partido Comunista dos Traballadores Húngaros

Partido dos Comunistas Italianos

Partido Comunista Portugués

Partido Comunista de Bohemia e Moravia



Lisboa, xuño de 2008.