sexta-feira, 18 de julho de 2008

Comeza Foro Mesoamericano en Nicaragua




Managua, 16 jul (PL) O Foro Mesoamericano dos movementos sociais, partidos políticos e o ALBA foi inaugurado hoxe aquí cun chamado a establecer unha estratexia de loita común para enfrontar ao neoliberalismo.


Máis de 600 delegados de países da rexión e doutras latitudes comezaron este mércores as deliberacións sobre varios temas nunha situación moi complexa, como dixo Gustavo Porras, presidente da Fronte Nacional de Traballadores de Nicaragua, ao darlles a benvida.


Porras explicou a recente celebración dun chamado VII Foro no país tras o que se esconde a defensa do estado de dereito da oligarquía e que foi un tema de amplo debate na xornada da mañá.


O dirixente nicaraguano dedicou palabras de agradecemento á presenza dunha delegación de Cuba, integrada por Héctor Fraginal e Omar Córdoba, funcionarios do Partido Comunista, á vez que resaltou a solidariedade da illa e Venezuela no marco do ALBA.


O primeiro expositor da xornada foi o filósofo Francois Houtart, quen abordo ³A Cooperación Internacional e a súa estratexia fronte aos gobernos, partidos e Movementos Sociais².


As palabras de Houtar desataron un amplo debate, en especial sobre o papel da chamada sociedade civil e organizacións non gobernamentais, que en opinión de delegados como Rafael Valdés, do Movemento Social Nicaraguano, representan os intereses norteamericanos e da oligarquía.


Para hoxe na tarde está prevista a intervención do embaixador de Venezuela en Nicaragua, Sergio Rodríguez, quen presentará o Proxecto do ALBA aos Partidos Políticos e Movementos sociais da rexión.


O Foro continuará mañá e será clausurado o día 18 na cidade de León, primeira capital da Revolución Popular Sandinista.


ln/lb


PL-170